¡Continúan los descuentos en el transporte público!
Desplázate de manera cómoda y segura.
¡Continúan los descuentos en el transporte público!
Desplázate de manera cómoda y segura.
DB Arriva é un grupo líder no transporte de viaxeiros, con presenza en 10 países europeos.
Os nosos servizos forman parte da infraestrutura esencial que une ás persoas e comunidades. Cada día, millóns de pasaxeiros confían en nós para viaxar por motivos de traballo, estudos, lecer e outros motivos importantes para cada un deles.
Con orixes no Reino Unido en 1938, Arriva é desde 2010 a filial do grupo Deutsche Bahn para o transporte de pasaxeiros en Europa, fóra de Alemaña.
A experiencia do grupo DB, líder mundial en mobilidade, infraestruturas, loxística e comunicacións, foi clave na consolidación de Arriva no mercado europeo. Deste xeito, o grupo opera cada día unha variedade de medios de transporte fiables, accesibles, conectados e seguros, demostrando a súa solidez como líder no transporte urbano do presente e do futuro.
En autobús, en tren, en tranvía, en ferry, en coche compartido ou en bicicleta conectamos á xente co que é importante para eles.
O noso propósito
Conectar persoas e comunidades de forma segura, fiable e sostible e ofrecer estes servizos da mellor maneira posible todos cada día.
A nosa misión
Ser o principal provedor de transporte de pasaxeiros en toda Europa.
A nosa visión
Contribuír a forxar un futuro no que o transporte de viaxeiros sexa a mellor opción.
Os nosos valores
Os nosos valores guían as nosas accións e a forma de traballar, axudando a definir a nosa cultura.
Movémonos xuntos cara ao futuro