Xestiona as túas cookies
Elixe a túa ubicación:
Selecciona un idioma:

A túa privacidade impórtanos

Política de privacidade

Data de actualización: 27/07/2026

1. Datos do responsable do tratamento
Razón Social: Arriva Spain Holding, S.L.
NIF: B28468924
Enderezo: Rúa Fraguas nº 27 – Polígono Industrial Urtinsa, 28923 Alcorcón (Madrid)
Email: calidad@arriva.es
Páxina web: www.arriva.es

2. Normativa aplicable
A nosa Política de Privacidade foi deseñada de acordo co Regulamento Xeral de Protección de Datos da UE 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos), coa Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, e a súa normativa de desenvolvemento.
A entidade poderá modificar a presente política de privacidade para adaptala ás novidades lexislativas, xurisprudenciais ou de interpretación da Axencia Española de Protección de Datos. Estas condicións de privacidade poderán ser complementadas polo Aviso Legal, Política de Cookies e as Condicións Xerais que, se é o caso, se recollan para a venda de determinados produtos ou servizos, se dito acceso supón algunha especialidade en materia de protección de datos de carácter persoal.

3. Finalidade do tratamento dos datos persoais
O tratamento que realizamos dos seus datos persoais responde ás seguintes finalidades:
1. Xestionar o solicitado por vostede a través do formulario de contacto.
2. Remitirlle o Newsletter se se subscribiu ao mesmo.
3. Permitir a recepción e tratamento das denuncias sobre condutas irregulares, infraccións administrativas graves ou moi graves, delitos ou incumprimentos normativos tanto da lexislación vixente que sexa de aplicación, como das normativas e compromisos internos establecidos na entidade relacionados coa actividade desempeñada pola empresa.
4. Atender as solicitudes dos cidadáns no exercicio dos dereitos que establece a normativa en materia de Protección de Datos.

4. Lexitimación para tratar os datos recabados
1. Formulario de contacto: A lexitimación para o tratamento dos seus datos é o seu consentimento expreso no momento de facilitarnos a información, manifestado a través da marcaxe da casiña de aceptación correspondente.
2. Newsletter: A base xurídica é o seu consentimento expreso para subscribirse á mesma.
3. Canal do informante: Tratamento necesario para o cumprimento dunha obrigación legal aplicable ao responsable do tratamento.
4. Atención aos dereitos dos interesados: Tratamento necesario para o cumprimento dunha obrigación legal aplicable ao responsable do tratamento.

5. ¿Por canto tempo conservaremos os seus datos?
1. Formulario de contacto: Conservaremos os seus datos persoais desde que nos dea o seu consentimento ata que o revogue ou ben solicite a limitación do tratamento. Neses casos, manteremos os seus datos de maneira bloqueada durante os prazos legalmente esixidos.
2. Envío do Newsletter: Conservaremos os seus datos persoais para este tratamento mentres non retire o seu consentimento para este envío.
3. Canal do informante: Os datos que sexan obxecto de tratamento poderán conservarse no sistema de informacións unicamente durante o tempo imprescindible para decidir sobre a procedencia de iniciar unha investigación sobre os feitos informados. Transcorrido tres meses desde a recepción da comunicación sen que se iniciasen actuacións de investigación, procederáse á súa supresión, salvo que a finalidade da conservación sexa deixar evidencia do funcionamento do sistema.
4. Atención aos dereitos dos interesados: Conservaranse durante o tempo necesario para resolver as reclamacións. Será de aplicación o disposto na normativa de arquivos e documentación.

6. Cesións
Os seus datos non serán cedidos, salvo:
- Cumprimento de obrigas legais.

7. Transferencias internacionais
Non se levarán a cabo transferencias internacionais.

8. Medidas de seguridade
Dentro do noso compromiso para garantir a seguridade e confidencialidade dos seus datos de carácter persoal, informámoslle que se adoptaron as medidas de índole técnica e organizativas necesarias para garantir a seguridade dos datos de carácter persoal e evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, tendo en conta o estado da tecnoloxía, a natureza dos datos almacenados e os riscos aos que estean expostos. Non obstante o anterior, o usuario debe ser consciente de que as medidas de seguridade na Internet non son inexpugnábeis.
Vostede pode obter máis información sobre as medidas de seguridade que aplicamos contactando con nós nos canais indicados ao inicio da presente Política de Privacidade no apartado de identificación do Responsable do tratamento.

9. Dereitos do Interesado
O interesado ten os seguintes dereitos no que respecta ao tratamento dos seus datos persoais, e poderá exercelos dirixíndose ante o Responsable do Tratamento:
- Se a base xurídica do seu tratamento é o consentimento, dereito a retiralo en calquera momento, sen que isto poida afectar ao tratamento previo á súa retirada.
- Dereito a solicitar o acceso aos seus datos persoais.
- Dereito a solicitar a súa rectificación se son inexactos, ou ben solicitar a súa supresión (por exemplo, se considera que xa non son necesarios para os fins que foron recollidos).
- Dereito a solicitar a limitación do seu tratamento, sempre que se cumpra algunha das condicións previstas na normativa, caso no cal unicamente os conservaremos para o exercicio ou a defensa de reclamacións.
- Dereito a oporse ao tratamento, por exemplo, en canto ao envío de información comercial pola nosa parte, caso no cal deixaremos de tratar os seus datos para esa finalidade, salvo por motivos lexítimos imperiosos, ou o exercicio ou a defensa de posibles reclamacións.
- Dereito á portabilidade dos datos.
- Dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (autoridade de control en materia de Protección de Datos competente), especialmente cando non obtivese satisfacción no exercicio dos seus dereitos: www.aepd.es

Conecta con Arriva

Subscríbete a nosa newsletter para coñecer as novidades e todo o que acontece en Arriva e que está pensado para ti.

RGPD
¡Noraboa! suscribícheste a esta newsletter.
Xa estás suscrito a esta newsletter.
Produciuse un erro ao realizar a subscrición.