No grupo Arriva temos unha contrastada vocación de servizo por ofrecer un transporte público que cumpra as premisas de Calidade, Confort, Seguridade, Accesibilidade, Sostibilidade, Eficiencia Enerxética e Responsabilidade Social. Isto levounos a ser unha empresa líder en mobilidade por estrada en España.
Como parte da nosa estratexia de expansión e unificación, Arriva finalizou o proxecto de integración dos sistemas de xestión de Calidade, Medio Ambiente e Calidade do transporte de viaxeiros en todas as súas divisións. Estes sistemas de xestión foron certificados no mes de xullo, mediante a realización simultánea dunha auditoría externa, nas divisións de Arriva Galicia e Arriva DBlas, con excelentes resultados, grazas ao compromiso, participación e colaboración de todos os compañeiros co departamento de Calidade.