Calcula tu huella de carbono
¿Cuánto ahorras al viajar en autobús en una de nuestras líneas?Calcula tu huella de carbono
¿Cuánto ahorras al viajar en autobús en una de nuestras líneas?.
DB Arriva entrou no mercado europeo do transporte de viaxeiros en Dinamarca en 1997. Desde entón DB Arriva non deixou de crecer, culminando este proceso coa adquisición, en 2013, de Veolia Transport Central Europe, reforzando a súa presenza en Polonia, República Checa e Eslovaquia e iniciando operacións en novos mercados como Croacia, Serbia e Eslovenia.
Actualmente DB Arriva ten unha importante presenza en 11 países europeos: Croacia, República Checa, Hungría, Italia, Países Baixos, Polonia, Eslovaquia, Eslovenia, España e Reino Unido.
A orixe da empresa remóntase a principios do século XX, no Reino Unido:
En xuño de 2024 culminou o traspaso do Grupo Arriva a I Squared Capital, desvinculando á empresa do Grupo DB. I Squared Capital é unha xestora independente líder en investimentos en infraestruturas a nivel mundial. A adquisición, anunciada por primeira vez en outubro de 2023, abarca todos os negocios de Arriva en 11 países. Co respaldo de I Squared, Arriva inicia unha nova etapa de impulso á súa estratexia de descarbonización e de crecemento, beneficiando aos millóns de persoas ás que Arriva presta os seus servizos día a día.
O compromiso de Arriva cara á sustentabilidade no transporte de viaxeiros fíxoa merecedora de importantes premios. En marzo de 2022 Arriva Spain foi recoñecida coa distinción Best British Investment in Sustainability, nos III UK-Spain Business Awards organizados pola Embaixada Británica en España, en colaboración coa Cámara de Comercio Británica e Banco Santander.
Arriva ostenta o Premio á Innovación no Transporte Público da quinta edición dos Premios Promoción do Transporte Público e a Mobilidade Sostible, que convoca o goberno rexional a través do Consorcio Rexional de Transportes de Madrid (CRTM).
Seguindo co seu plan de descarbonización, Arriva inaugura a súa nova central de carga en Alcorcón e pon en marcha os seus novos vehículos 100% eléctricos. Co compromiso co medioambiente e mobilidade sostible, desde xuño de 2023, todas as liñas urbanas da cidade de Alcorcón son cero emisións.
Nun contexto especialmente difícil polo impacto da crise sanitaria derivada da COVID-19, Arriva rediseñou os seus proxectos e manteu o seu plan de transformación para avanzar na súa viaxe hacia a descarbonización. Mostra disto é a nova sede de Arriva en España, ubicada na Comunidade de Madrid. Esta nova sede é un proxecto construido seguindo os criterios do Instituto PassivHaus, para edificios de consumo case nulo.
Apoiamos ás comunidades e ás persoas para seguir prestando servizos a pesar da pandemia por COVID-19. Fomos flexibles e rápidos implementando protocolos de hixiene e seguridade para continuar prestando os nosos servizos sen interrupcións. Arriva, como operador de servizos esenciais de movilidade, seguiu cumprindo cos compromisos de servizo, incluso nos momentos máis duros da pandemia en cada un dos países nos que está presente.
Seguindo a estela da multimodalidade e novas formas de moverse, en 2017 lanzamos ArrivaClick, un servizo baixo demanda no Reino Unido. Así mesmo, puxemos en marcha un sistema de bicicletas compartidas en Eslovaquia.
En 2016 Arriva gañou o contrato London Overground e iniciou a execución do contrato ferroviario Northern Railway Co.
En Italia adquirimos o operador de autobuses Savda e firmamos un acordo con GoGoBus.
En República Checa adquirimos o operador de autobuses CSAD MHD Kladno e ampliamos a nosa presenza en España.
En Eslovenia consolidamos a nosa presencia a través da posta en marcha de Alpetour, que duplicou la penetración de Arriva no mercado esloveno.
En maio de 2013, Arriva adquire Veolia Transport Central Europe, potenciando a súa presenza en Polonia, República Checa e Eslovaquia e iniciando as súas operacións en novos mercados como Croacia, Serbia e Eslovenia.
Na actualidade, DB Arriva realiza máis de 2.400 millóns de viaxes de pasaxeiros en 14 países europeos cada ano. DB Arriva emprega a unhas 60.000 personas e opera unha variedade de modos de transporte, proporcionando servizos de autobús, tren, tranvía, ferry, coche e bicicletas compartidas.
DB Arriva ofrece solucións de transporte innovadoras que unen a persoas, comunidades e economías e ten unha gran experiencia en diferentes mercados de transporte.
A finais de 2011, Arriva UK Trains adquire o operador de transportes Grand Central, no Reino Unido.
O Grupo Deutsche Bahn adquire Arriva, convertíndose na filial dun dos grupos máis importantes no transporte multimodal de viaxeiros en Europa.
2008 marcou o ano no que Arriva se adentrou nos mercados de Eslovaquia e Hungría.
No 2007 comezou a operativa de Arriva no transporte ferroviario de persoas en Polonia e Suecia.
A nosa primeira compañía de autobuses en República Checa chegou en 2006. Ese mesmo ano Arriva introduciuse no mercado portugués ferroviario.
No ano 2003 continuamos operando servizos de tren en novos territorios, como Gales e zonas fronteirizas con CrossCountry, Chiltern Railways e Grand Central en anos posteriores.
No 2002 ampliamos a nosa presencia en Europa inaugurando operacións de autobuses en Italia e servizos de tren en Dinamarca.
Iniciamos operacións de trens no Reino Unido e a adquisición de empresas de autobuses en Portugal.
Este é un ano de grandes cambios en Arriva, pois cambiou a súa denominación de Cowie a Arriva, e lanzou operacións en Dinamarca.
En 1998 Arriva continuou crecendo na Europa continental, adentrándose nos mercados de Países Baixos, Suecia e ó ano seguinte, chegou a España.
Nese mesmo ano, Arriva inició a súa andadura no mercado ferroviario neerlandés.
Arriva adquire a compañía British Bus convertíndose nun forte operador de transporte de viaxeiros por carretera no Reino Unido. Tan so un ano despois, no1997 entra no mercado do transporte de viaxeiros na Europa continental coa adquisición de Unibus Holdings en Dinamarca y Suecia.
En 1986 desregúlanse e privatízanse os servizos rexionais e a partir de 1992 David Martin comeza coa expansión do que é hoxe Arriva. Transporte de viaxeiros na Europa continental 1997.
Primeira concesión en Londres. Comeza a expansión do negocio ata 1986, cando se desregulan e privatizan os servizos rexionais.
En 1980 Cowie empezou a comprar compañías de autobuses e introduciuse no mercado inglés de autobuses coa adquisición da compañía Gray-Green en Londres.
En 1960, a empresa, que aínda se chamaba Cowie, cambiou o seu negocio hacia o comercio minorista de automóviles.
Fundada en 1938 pola familia Cowie (á cabeza, Sir Thomas Cowie), como negocio de venta e reparación de motocicletas, en Sunderland (Reino Unido).
Formamos parte do Grupo Arriva, o principal operador de transporte de viaxeiros na Europa continental.
Operamos unha flota multimodal de autobuses, trens, tranvías, autobuses acuáticos e bicicletas.
Arriva mantense entre os principais proveedores de servizos de transporte de pasaxeiros por carretera con servizos de transporte rurais, urbanos e interurbanos.
Arriva iniciou a súa andadura en España no ano 1999 coa adquisición de Ideal Auto S.A. e Transportes Finisterre S.A. e Rutabús S.A. en Galicia.
Coa adquisición de operadores con liñas regulares fortes e recoñecidas, como a empresa de Blas e Cía, S.L. (Madrid), en 2008, ou Autos Carballo S.A. (Aucasa) e a súa filial Santiaguesa Metropolitana (Galicia), en 2016, Arriva afianzou a súa presenza en España.
Tras máis de 20 anos no mercado español, Arriva é a día de hoxe, unha empresa consolidada no sector, responsable de dar servizo a máis de 40 millóns de viaxeiros cada ano.
Coa descarbonización da súa operativa como meta a alcanzar, a empresa inaugurou a finais de 2021 a súa nova sede principal, ubicada en Alcorcón (Madrid). Un espazo referente no sector ao tratarse dunha base operativa construida seguindo os criterios do Instituto PassivHaus para edificios de alta eficiencia no consumo enerxético e na rexeneración de recursos. É un proxecto innovador e sostible que integra todos os aspectos dunha nova etapa na súa operativa hacia a mobilidade cero emisións, cero ruidos.
A empresa continúa rediseñando o seu plan de acción en España, incorporando sistemas máis innovadores, seguros e mellor conectados; escoitando ós pasaxeiros e traballando na estreita colaboración coas autoridades de transporte e entidades referentes en mobilidade, para aportar o transporte público que merecen os viaxeiros de hoxe e que demanda o planeta.
No 2022, Arriva foi galardoada co premio Best British Investment in Sustainability, nos III Business Awards, da Embaxada Británica na España. Así mesmo, recibiu o Premio ao Compromiso coa Innovación e Sustentabilidade no Transporte Público, nos Premios Comunidade de Madrid, organizados polo diario La Razón (Grupo Planeta).
Arriva é a principal provedora de servizos de autobús no Norte de Galicia onde levamos máis de 20 anos operando e onde transportamos a máis de 5 millóns de pasaxeiros cada ano e máis de 10.000 escolares cada día.
Contamos cunha plantilla de 229 traballadores e unha flota de 230 vehículos para servir ás principais poblacións das provincias de A Coruña, Lugo e Ourense.
A nosos principais liñas regulares conectan Ferrol con Vilalba, Lugo, Viveiro e Burela; e A Coruña con Carballo, Arteixo, A Laracha, Ponteceso, Laxe, Malpica, Curtis, Oza-Cesuras; así como as localidades entre Santiago de Compostela e Burela.
Ademáis do transporte interurbano, tamén somos un dos principais operadores de transporte escolar da zona e ofrecemos outros servizos discrecionais (turísticos, empresas, a demanda, etc).
Arriva en Madrid ten a súa orixe nun afán emprendedor de dúas familias, Gregorio De Blas e Isidro Gómez, que nada máis concluir a Guerra Civil da inicio aos seus servizos entre Madrid e Navalcarnero a través de Cuatro Vientos.
Tras diversos emplazamentos, na actualidade e desde 1987 o seu domicilio social atópase enclavado nun Polígono Industrial en continuo crecemento, sito na localidade de Alcorcón, se ben é certo que a creciente demanda de servizos obrigou a adoptar unha concepción multicabeceira. Actualmente ofértanse 45 recorridos interurbanos e urbanos distintos con mais de 230 autobuses desde varias cabeceiras, entre as que están: Alcorcón, San José de Valderas, Móstoles, Fuenlabrada, Navalcarnero, Madrid-Norte e Villaviciosa de Odón.
Este continuo crecemento fixo que Arriva consolide o seu marcado liderazgo no Transporte Interurbano por Carretera na Comunidade de Madrid con máis de 44.000.000 de viaxeiros.
Todo gracias a unha serie de medios humanos, técnicos e materiais, dotados dunha alta cualificación e en continua innovación tecnolóxica que permite a Arriva ofrecer calidade total nos seus servizos.
Sen embargo, esta envidiable posición non é un obstáculo para que a Xunta Xeral de Partícipes siga sumando esforzos para a mellora continua e diaria do servizo ao público.